xoves, 21 de novembro de 2013

Unha visita inesperada!

O día do magosto tivemos unha visita inesperada!!! Queredes saber de quen? Pois visitounos un trasno! sí, sí... tal e como volo contamos. Ao subir dos xogos do magosto comezou a facer trasnadas (que se encendía e apagaba as luces, xogaba co encerado dixital, movía a porta....), a verdade e que nos rimos moito e o pasamos xenial! 
Pero... estarédesvos preguntando como sabemos quen era, pois... e que ao día seguinte atopamos unha carta que nos deixou para toda a aula! Nela díxonos quen era, por qué nos visitou e tamén nos deu consellos a todos e todas (incluída á mestra!). Así que nós decidimos escribirlle tamén unhas cartas en resposta e tamén queremos deixarlle unha mensaxe no noso blog, que nos dixo que ás veces o visitaba.
Jurry, para que vexas que non nos esquecemos de ti...estamos a intentar mellorar en todo aquilo que nos dixeches. Pasa a visitarnos cando queiras, que sabes que nós estamos encantados de recibirche!

O magosto!

E chegou o magosto! que gañas tiñamos xa de comer unhas castañas asadas e celebrar todos xuntos este día tan destacado. Xa que este ano o poderíamos celebrar co resto do cole no patio, quixemos preparar o magosto tamén dende a aula, realizando uns cestos de castañas para así poder transportalas cando estiveran quentiñas. No patio tivemos xogos e pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do que foi o noso magosto!.

Aquí estamos no proceso de elaboración do cesto para as castañas.






 E así de ben nos quedaron!

O día do magosto baixamos todos ao patio a participar dos xogos que nos tiñan preparados!

Primeiro xogamos ao pano

 
 

Logo fixemos o equilibrio das castañas
 

Tamén probamos a "encestar" as castañas.

Perseguímonos uns a outros para quitarnos o "rabiño".

Tamén saltamos á comba!
 



E xogamos aos aros, todos queríamos atrapar o noso!

Despois de tanto xogar, tíñamos ben merecidas unhas castañas ben quentiñas!

domingo, 17 de novembro de 2013

Día da Biblioteca

O pasado mes de outubro foi o día internacional das bibliotecas, nós quixemos participar na actividade proposta pola biblioteca do cole que consistía en decorar uns marcapáxinas. Quedaron tan bonitos que decidiron expoñelos para que todos os poidan ver!


Concurso de debuxo

O pasado mes nalgunha das clases de plástica estivemos preparando os debuxos para un concurso, a temática era sobre os cogomelos. Unha vez rematados, un xurado elexiu tres debuxos do total de toda a clase para levar ao concurso xeral, pero a mestra díxonos que para ela somos todos gañadores! porque somos uns grandes artistas, por iso os expuso para que todo o cole poida gozar da nosa creatividade!.
Aquí vos deixamos a mostra.