xoves, 20 de marzo de 2014

Frase célebre

Traballando os euros e os céntimos, falando sobre as moedas ocorreu o seguinte:
Alba: Profe! la moneda de céntimos como la de 1 por detrás tienen un castillo!!!
Alex: Sí!! el de Disney!!

domingo, 2 de marzo de 2014

Entroido!!!!

E por fin chegou o Entroido!!! xa nos tardaba!! Comezamos a semana vestindo ao Meco, polo que cada día traíamos algo diferente (que se un bigotiño por aquí, que se un sombreiriño por alá, que se unha garavata por acolá....), pero o gran día foi o venres!!! Todos viñemos disfrazados, ata a mestra!
Primeiro rematamos as nosas caretas e antifaces, logo merendamos e máis tarde baixamos a desfilar.
Que gran día de entroido!
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!

 Aquí estamos en plena preparación da plástica de entroido.
  


 
 
 

 


Agora toca merendar!! A mestra tróuxonos filloas con doce (vainilla, chocolate, azucre, marmelada de amorodo) Ao gusto de cada un!.... Mmmm!

Aquí vai unha! Que pintaza!
 Mmmmm!!! Estaban boísimas!
 A nosa Brancaneves Andrea tróuxonos unhas orellas! Estaban para chupar os dedos!
 

 Aquí estamos todos cos nosos disfraces!


 

 Saimos ao patio a facer o desfile.

 

 Gabriela e a mestra coincidiron no disfraz! Vaia par de Pipis!

 Todo o cole disfrazado e vendo o desfile.
 

 Isto xa se acaba, pero... pasámolo xenial!

 











Teatro en inglés

O mércores 26 de febreiro tivemos a marabillosa oportunidade de ver e participar nunha obra de inglés. As teachers trouxeron ao cole unha compañía de teatro que se adica a viaxar polos coles facendo que o alumnado participe na obra pero usando o inglés.
Pasámolo xenial e ademáis practicamos o idioma!
Aquí vos deixamos un anaquiño do que alí sucedeu!

Preparados para ver a función

 Aparece o actor e xa estamos moi atentos!

 Sae a "actuar" a nosa compañeira Dolores
 Dolores as an elephant
 Tamén sae o noso compañeiro Juan
 Juan as a cow
 Xa están as tres personaxes principais (Elephant, Cow and Rabbit) para  facer o conxuro!
 Que emoción!
 Pero todos os demáis tamén participamos enviando a nosa enerxía!!
 Alá imos a facer maxia...

 Conseguímolo!!!
 Isto mola mogollón!
 Pero... faltaba unha personaxe importante.. e para representala saiu a nosa compañeira Alba
 Alba as a witch
 Agora toca preparar a pócima
 E para rematar cantamos e bailamos todos xuntos... iso sí!! en INGLÉS!!!




Cine con valores

A fundación Luimére e o Concello de Vilagarcía convidáronnos a ver unha película o martes 25 de febreiro, o motivo eran as xornadas de cine e educación en valores que están levando a cabo. 
Alá fumos todos xuntos ao Auditorio de Vilagarcía. A película foi "Vecinos Invasores" que é moi divertida e tamén non ensinou moitos valores que debemos desenvolver e non esquecelos, pois así seremos mellores compañeiros. Se tendes ocasión de vela, non a perdades! Calquera se pode identificar coas personaxes.
Foi unha xornada diferente e ben divertida! Pero sobre todo educativa!