luns, 14 de abril de 2014

Coelliño de Pascoa

As vacacións de Semana Santa estaban a piques de chegar, e nós quixemos ir preparando uns pitiños (e algún que outro coello) por se ao coelliño de Pascoa se lle daba por pasar pola nosa aula.
Aquí tendes o proceso!

Cuns vasos pintámolos para convertilos nos nosos pitiños, e bueno algún que outro coello/coella. A verdade é que estamos moi concentrados para que nos saise ben!





 E o venres pola maña... vaia sorpresa!!! ahí estaban os oviños!! O coelliño tamén se lembrou de nós!



E agora só faltaba poñer cada ovo dentro do seu pitiño! Estamos felices!








Monicreques "Griselo"

O venres 11 puidemos ir a ver unha obra de monicreques que prepararon o alumnado de 1ºB. Convidáronnos e nós encantados de asistir!

Achegáronnos unha invitación e nós respostámoslles, que si por suposto!
 


O cartel da obra

A mestra Fátima (titora de 1ºB) fíxonos a presentación sobre a obra. Está baseada nun conto da biblioteca, pero eles fixeron algún que outro cambio para facela propia.

 E todos nós estabamos ben atentos!

E daba comezo a obra. O compañeiros de 1ºB que están sentados fronte a nós eran os narradores, uns excelentes narradores!
 A Griselo pásanlle unha serie de "aventuras"....Se queredes sabelo... o libro está na biblio, non o perdades!



 E chegou ao final, nós aplaudimos moito porque nos encantou! e ademáis fixérono fenomenal!

Se vos interesa saber cal foi todo o proceso de elaboración desta magnífica obra aconsellámosvos que entredes no blogue de aula dos nosos compañeiros, eles son as arañas do CEIP A Lomba!

Plantamos garavanzos

Como en coñecemento estamos co tema das plantas, este ano decidimos plantar uns garavanzos. 
O ano pasado plantamos fabas e lentellas e foi todo un éxito, a ver este ano como se nos dan os garavanzos, nós puxémoslle moito amor.
Deixamos a foto da nosa "plantación", con sorte tamén veredes os resultados!

Aquí está a nosa "plantación" de garavanzos!

E aquí vos deixamos unhas fotos do ano pasado cando plantamos as fabas e as lentellas. Deron vos resultados, non si?
 Lentella
Faba


E aquí está o resultado deste ano!

Xa parece que quería saír....



 E mirade que fermosos están!!


 







sábado, 5 de abril de 2014

Canto medimos?

Traballando o metro e os centímetros decidimos volver a medirnos. Xa a comezo de curso nos medimos e agora quixemos comprobar canto creceramos, algúns demos un estirón considerable e outros estamos nese proceso e seguro que ata final de curso aínda gañamos máis centímetros, fainos moita ilusión. 
Todos quixemos sacar a foto para colgala no noso blog!
Aquí vos deixamos as imaxes do último día.

  
Xa estamos preparados para comezar!
 
 
Derek
 Dana
 Borja
 Matías
 Laura
 Noelia
 Dolores
 Fátima
 Sara
 Iván
 Andrea
 Juan
 Alejandro
 Ángela
 Rita
 Katrina
 Gabriela