sábado, 5 de abril de 2014

Concienciación sobre o autismo

O martes 2 de abril foi o día sobre a concienciación do autismo. Nós quixemos participar no acto que organizou a ANPA do cole. Sabemos o que é o autismo porque temos compañeiros que o teñen e aos que apreciamos moito. Cremos que é importante que todos se conciencien da importancia de facerlles un mundo máis "asequible", nós dende o cole poñemos o noso gran de area dándolle moito cariño e axudándoos cando podemos.
Aquí vos deixamos un resumo en imaxes do que foi o acto deste día.


Puxemos as nosas mans neste corazón enorme.

Déronnos globos que máis tarde soltaríamos no patio.

 Á espera de soltar os globos e para escoitar unhas verbas sobre o que supón o autismo nas familias.

 E alá van!!! foi precioso! Máxico!


Ningún comentario:

Publicar un comentario