sábado, 28 de xuño de 2014

Recomendacións para o verán



A mestra quere comunicarnos algo moi importante:


 
Despois do curso escolar, os nenos e nenas precisan e merécense descansar, divertirse e sobre todo xogar. Pero non hai que esquecer o esforzo que fixeron para aprender, polo que nas vacacións de verán corren o riso de esquecer parte do aprendido e de “desconectar” do hábito de traballo.

Para evitar iso e, sempre con carácter voluntario, déixovos unha serie de materiais e enlaces que poderedes realizar ao longo do verán (un pouco cada día).

Á hora de realizar as tarefas débense ter en conta as seguintes indicacións:
  • Lugar: Cómodo, con boa iluminación, lugar tranquilo (afastado de posibles ruídos distractores como por exemplo a TV), e só co material necesario para realizar a tarefa.
  • Tempo: Un pouquiño todos os días ( e segundo se achegue a data de comezo de curso, poderanse aumentar os tempos).
  • Axuda: Que alguén lle revise o que fai, para correxir erros e que eles se sintan motivados á hora de realizalos, pois o que fan é importante para alguén.
  • Calidade: Que lean con calma os enunciados, facer boa letra, ser limpos na presentación da tarefa, etc.
Quero destacar a importancia da lectura diaria, e sería recomendable que lesen un libro que lles apeteza. Para a lectura non hai que esquecer unhas regras básicas:
  • Respectar as pausas.
  • Ler entoando correctamente.
  • Vogalizar ben coa velocidade e entoación axeitadas, sen interrupcións nin retrocesos (fluída).
  • Ler silenciosamente sen mover os beizos.
  • Seguir a lectura sen necesidade dunha guía (dedo).
Por último, agradecervos a vosa colaboración ao longo do ciclo e desexarvos unhas moi boas vacacións.

A mestra.

Repaso de Inglés

Para que non nos esquezamos do inglés que aprendemos, e se cadra aprender algo máis... aquí temos uns enlaces cos que poderemos practicar moito!

Aquí temos moitos exercicios de vocabulario que poderemos imprimir e facer cando poidamos!

Aquí podemos acceder a fichas de repaso sobre gramática, tamén para imprimir.

Exercicios de escoita e repetición para nenos.

Xogos Coñecemento do Medio

Aquí podemos atopar moitos xogos variados sobre temas que traballamos ao longo do curso, e así podemos repasar o aprendido xogando e divertíndonos!





Teremos que axudar a Sabueso a superar probas cos nosos coñecementos

É o xogo da oca, e para gañar teremos que respostar moi ben!





Poderemos coñecer cousas sobre nós mesmos, sentimentos, identificación, etc.


 XOGOS DOS OFICIOS:






Este xogo é xenial, ten un conto e logo teremos que respostar a unhas preguntas, pero tamén aprenderemos cousas novas! Anímate e xoga!



Repaso lectura comprensiva

Aquí podemos repasar pequenas lecturas e facer unha moi boa comprensión do texto.

Caderno Repaso Matemáticas

Aquí podemos acceder a un caderno de repaso de matemáticas.


Caderno repaso de Lengua

Aquí podemos acceder a un caderno de repaso de lengua.

Actividades de repaso xerais

A mestra déixanos unhas actividades de respaso xeral (lengua, matemáticas...) por se nos apetece facer algunhas pouco a pouco no verán. Vos elexides! Botádelle un ollo.

xoves, 26 de xuño de 2014

Dúbidas e reflexións

Estamos xa nos últimos días de cole, rematamos ciclo, polo que cambiaremos de mestra, o cambio comézase a notar, entón xurden dúbidas como o que sucedeu o que a continuación vos contamos:

Sara: Profe... y cuando yo pase para 3º y sea más mayor, como 14 años o así... ¿tú vas a seguir viva?
Noelia: !Claro! no ves que es joven, aún está recién salidita de la universidad
Mestra: Noe, tanto como recén, recén... non!
Noeli: Ahh vale, entonces solo estás salidita!

martes, 24 de xuño de 2014

Fin de Curso

E chegou o final de curso... ese día que tanto estabamos desexando. Agora xa estabamos un chisco cansadiños e o corpo pedíanos relaxarnos, pero non sen antes celebralo por todo o alto! O cole preparou un gran día cheo de actividades interesantes e divertidas: tivemos clase de kárate, de baloncesto (xogando minipartidos), fixemos zumba, practicamos cos trompos (e volvemos a ter a sorte de contar de novo co campión mundial) e finalmente puidemos disfrutar a tope na festa da escuma!!!!! A verdade e que foi un día marabilloso!
Só nos queda a pena de ter que deixar de contarvos as nosas aventuras e aprendizaxes, así como de separarnos os compañeiros (durante o verán), pero esperamos poder seguir co blogue o vindeiro curso (que xa imos para 3º).
Agradecémosvos a todos os que nos deixades comentarios.
Unha grande aperta e.... ata a volta do verán!!!!

Agora deixámosvos un vídeo co resumo do día.

E este vídeo e para que vexades o ben que fixemos e o pasamos en zumba!!!!

Plastilina

Agora queremos amosarvos algunhas das nosas creacións en plastilina. Encántanos traballar con este material e cada día se nos ocorrían novas ideas.

Andrea deseñou o aparello dos dentes.

 Rostros artísticos
 Animais fantásticos (todos saen da nosa imaxinación, poñémoslle ata nomes e cada un ten unha historia)







 Momentos decisivos dun partido (por suposto marcou Raúl!)
 Aplicamos o que aprendemos en Coñecemento.

 Deliciosos menús (realizados pola noas gran cociñeira Laura).

 Os animais que nos gustan.
 E como nos gusta tanto comer, tamén cociñar... pois todo un menú para un restaurante ben saudable!

Aniversarios do Verán

O xoves 19 de xullo, aproveitamos para celebrar todos xuntos os aniversarios dos compañeiros que cumplen no verán, e que quizais non poidamos estar xuntos.
Foi toda unha festa, había moitísimo doce, e pasamos un bo rato compartindo conversa cos compañeiros.










Regueifeiros

A última semana do cole visitáronnos uns regueifeiros, e tivemos a sorte de poder asistir a unha regueifa única! Foi ben divertido.



Saída a Xiabre

O martes 19 fumos a facer sendeirismo a Xiabre. Foi increíble, porque as vistas son únicas, a camiñata foi toda unha aventura e unha experiencia nova e ademáis aprendemos moitísimas cousas (da natureza e dos muíños de vento).
Aquí vos deixamos un vídeo co resumo da nosa aventura!


Trompos

Iso de xogar aos trompos sempre estivo de moda, pero agora aínda máis porque veunos a visitar ao cole o Campión Mundial de Trompos!!! Fíxonos unha exhibición e nós tamén puidemos participar.

O noso compañeiro Alex, foi o primeiro en atreverse a tirar o trompo.

 E aquí un pouco da súa exhibición. É increíble todo o que fai!



 Agora as compañeiras xa están preparadas....


 Só quedaban dous trompos rodando... a tensión era máxima!!!

Fútbol

O venres 13 de xuño invitáronnos ao torneo de fútbol "Arousa Fútbol 7" e como o noso cole queda pegadiño ao campo de fúltbol, pois por suposto aceptamos a invitación. Tivemos a gran sorte de poder ver o final  do partido do RC Celta contra o KRC Genik, e logo puidemos ver o partido do FC Barcelona contra o ED Luis Calvo Sanz, o resultado foi 4-0. Pasámolo xenial, vivindo o bo ambiente que había e animando ao equipo que máis nos gustaba (que na maioría dos casos era ao Barcelona). Aquí tendes un resumo da nosa mañá de fútbol.

Aquí estamos todos á espera de que comece o partido.
 
 A alineación dos equipos.
 O FC Barcelona facendo piña.
 En pleno partido.
 O Barcelona vai gañando por goleada e a afeción víveo con ilusión!!

E agora un pequeno vídeo do bo ambiente que había e o ben que o pasamos! 
 

luns, 23 de xuño de 2014

Excursión Fin de Ciclo

Este ano rematamos ciclo, e para celebralo a mestra deunos unha sorpresa que sempre lle pedíamos... Ir ao Aquarium!! Ben... pero non só iso, fumos a pasar o día a A Coruña para visitar o museo do Domus (e comemos alí cunhas vistas privilexiadas!), logo visitamos o Aquarium (tivemos un guía para nós soiños que nos explicou moitas cousas interesantes e ademáis nos deixou tocar estrelas de mar e un tiburón galego, chámaselle melgacho), e ao final fumos á Casa das Ciencias (alí tivemos unha sesión virtual no Planetario e despois puidemos experimentar con todo o que alí hai). Foi un día intenso pero moi divertido. Como sacamos tantísimas fotos, fixemos unha seleción e aquí as presentamos nun vídeo. Esperamos que cando o vexades o pasades ben, porque nós... pasámolo XENIAL!!!


Teatro "Embusteiras"

A ANPA organizou unha obra de teatro co alumnado que acode a actividade de teatro en extraescolares, e fixeron a estrea da obra "Embusteiras" no cole. Fumos a ver a obra e por suposto aos nosos compañeiros que ahí participaban. Aquí vos deixamos unhas fotos da nosa compañeira Noelia en plena actuación, para nós está de Goya!!!!!




domingo, 22 de xuño de 2014

Plástica con arroz de cores

Como xa sabedes, a nós encántanos a plástica e unha das últimas que fixemos este curso foi ben divertida. Decidimos traballar con arroz, pero só branco non dabe xogo, así que tinguímolo de cores!!! Encantounos poder converter o arroz en cores bonitas (empregamos colorantes alimenticios) e logo empregámolo para decorar unhas bolboretas. Esperamos que vos guste.


Primeiro puxemos uns puñadiños de arroz nunhas bolsas, botámoslle o colorante da cor que queríamos tinguir e tamén unha culler de alcohol, mesturamos ben e.....


 Aquí está o resultado! Quedounos tan chulo que tivemos que resistir as ganas de darlle un bocado, parecían doces... ummmmm!!! Agora tiñamos que deixalo secar.


Agora xa podemos poñernos "mans á obra". Esta plástica requería de moita paciencia, creatividade e pulso (para que quedase cada gran de arroz ben pegado).






 Aquí tendes algúns exemplos dos nosos resultados. Bonitos, non si?