domingo, 15 de xuño de 2014

Vermes de Primavera

A primavera está a piques de rematar, e xa case asoma a patiña o verán... e nós como nos gustan tanto os vermes decidimos decorar a aula cuns vermes ben orixinais!. Tamén fixemos xoaniñas que nos quedaron ben bonitas. Gustouvos a nosa plástica?

Tiñamos que pintar a nosa man coas cores que íamos empregar e así conseguimos o corpo e as patas, logo só quedaba facerlle a cabeza e a decoración (cada quen ao seu gusto!).

 







 E aquí xa estamos coas xoaniñas (empregamos envoltorios de magdalenas, rotuladores e témperas. Sinxelo, non?).






Así de bonita quedou decorada a nosa aula!






E así a nosa porta coas nosas xoaniñas.










Ningún comentario:

Publicar un comentario