sábado, 28 de xuño de 2014

Recomendacións para o verán



A mestra quere comunicarnos algo moi importante:


 
Despois do curso escolar, os nenos e nenas precisan e merécense descansar, divertirse e sobre todo xogar. Pero non hai que esquecer o esforzo que fixeron para aprender, polo que nas vacacións de verán corren o riso de esquecer parte do aprendido e de “desconectar” do hábito de traballo.

Para evitar iso e, sempre con carácter voluntario, déixovos unha serie de materiais e enlaces que poderedes realizar ao longo do verán (un pouco cada día).

Á hora de realizar as tarefas débense ter en conta as seguintes indicacións:
  • Lugar: Cómodo, con boa iluminación, lugar tranquilo (afastado de posibles ruídos distractores como por exemplo a TV), e só co material necesario para realizar a tarefa.
  • Tempo: Un pouquiño todos os días ( e segundo se achegue a data de comezo de curso, poderanse aumentar os tempos).
  • Axuda: Que alguén lle revise o que fai, para correxir erros e que eles se sintan motivados á hora de realizalos, pois o que fan é importante para alguén.
  • Calidade: Que lean con calma os enunciados, facer boa letra, ser limpos na presentación da tarefa, etc.
Quero destacar a importancia da lectura diaria, e sería recomendable que lesen un libro que lles apeteza. Para a lectura non hai que esquecer unhas regras básicas:
  • Respectar as pausas.
  • Ler entoando correctamente.
  • Vogalizar ben coa velocidade e entoación axeitadas, sen interrupcións nin retrocesos (fluída).
  • Ler silenciosamente sen mover os beizos.
  • Seguir a lectura sen necesidade dunha guía (dedo).
Por último, agradecervos a vosa colaboración ao longo do ciclo e desexarvos unhas moi boas vacacións.

A mestra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario