venres, 20 de decembro de 2013

Visita dos Reis Magos

Hoxe foi o último día do cole do 2013! E ademáis visitáronnos os Reis Magos e os carteiros reais, aos que lles entregamos as nosas cartas e así asegurámonos de que as reciben!
Tamén para celebrar todos xuntos o Nadal merendamos con postres destas datas (mantecados, turrón de chocolate, galletas, panettone de froitas...), e tamén bebida.
Vémonos no 2014! Bo Nadal a todos e feliz ano novo!!!!

Gabriela tróuxonos unhas galletas de Nadal feitas por ela!


Fíxonos moitísima ilusión o champín.

 

Brindamos polo Nadal e polo ano novo que xa chega, bueno... e polas vacacións!!


Os carteiros reais recolleron as nosas cartas.
 


E por fin! aquí estaban xa os Reis Magos!


E quixeron cantarlle o cumpleanos feliz á nosa compañeira Alexia, pois está mañá de aniversario.




mércores, 18 de decembro de 2013

Xa está aquí o Nadal!!


E por fin chegou! pero que ganiñas tiñamos de que chegase o Nadal, co que nos gusta! Como nos gusta tanto esta época do ano, quixemos decorar a nosa aula nós soíños e tamén cantar unhas panxoliñas.
Aquí vos deixamos unha mostra do bonita que quedou a nosa "casiña" do cole e o grandes artistas que somos.
Esperamos que os disfrutedes tanto coma nós.
Bo Nadal a todos!!!!


Estamos ben orgullosos e orgullosas da aula tan ben decorada que nos quedou!


 

E aquí vos deixamos unha panxoliña

mércores, 4 de decembro de 2013

Os euros

Xa que na aula estamos a traballar cos euros, deixamos uns enlaces para poder practicar sempre que nos apeteza e dun xeito divertido.


Compramos cos euros

Caixa rexistradora

Calculamos con euros

Os euros Este enlace é moi completo, podemos xogas ás parellas, coñecer os países que teñen a mesma nosa moeda, ir de compras...

xoves, 21 de novembro de 2013

Unha visita inesperada!

O día do magosto tivemos unha visita inesperada!!! Queredes saber de quen? Pois visitounos un trasno! sí, sí... tal e como volo contamos. Ao subir dos xogos do magosto comezou a facer trasnadas (que se encendía e apagaba as luces, xogaba co encerado dixital, movía a porta....), a verdade e que nos rimos moito e o pasamos xenial! 
Pero... estarédesvos preguntando como sabemos quen era, pois... e que ao día seguinte atopamos unha carta que nos deixou para toda a aula! Nela díxonos quen era, por qué nos visitou e tamén nos deu consellos a todos e todas (incluída á mestra!). Así que nós decidimos escribirlle tamén unhas cartas en resposta e tamén queremos deixarlle unha mensaxe no noso blog, que nos dixo que ás veces o visitaba.
Jurry, para que vexas que non nos esquecemos de ti...estamos a intentar mellorar en todo aquilo que nos dixeches. Pasa a visitarnos cando queiras, que sabes que nós estamos encantados de recibirche!

O magosto!

E chegou o magosto! que gañas tiñamos xa de comer unhas castañas asadas e celebrar todos xuntos este día tan destacado. Xa que este ano o poderíamos celebrar co resto do cole no patio, quixemos preparar o magosto tamén dende a aula, realizando uns cestos de castañas para así poder transportalas cando estiveran quentiñas. No patio tivemos xogos e pasámolo xenial. Deixámosvos unha mostra do que foi o noso magosto!.

Aquí estamos no proceso de elaboración do cesto para as castañas.






 E así de ben nos quedaron!

O día do magosto baixamos todos ao patio a participar dos xogos que nos tiñan preparados!

Primeiro xogamos ao pano

 
 

Logo fixemos o equilibrio das castañas
 

Tamén probamos a "encestar" as castañas.

Perseguímonos uns a outros para quitarnos o "rabiño".

Tamén saltamos á comba!
 



E xogamos aos aros, todos queríamos atrapar o noso!

Despois de tanto xogar, tíñamos ben merecidas unhas castañas ben quentiñas!

domingo, 17 de novembro de 2013

Día da Biblioteca

O pasado mes de outubro foi o día internacional das bibliotecas, nós quixemos participar na actividade proposta pola biblioteca do cole que consistía en decorar uns marcapáxinas. Quedaron tan bonitos que decidiron expoñelos para que todos os poidan ver!


Concurso de debuxo

O pasado mes nalgunha das clases de plástica estivemos preparando os debuxos para un concurso, a temática era sobre os cogomelos. Unha vez rematados, un xurado elexiu tres debuxos do total de toda a clase para levar ao concurso xeral, pero a mestra díxonos que para ela somos todos gañadores! porque somos uns grandes artistas, por iso os expuso para que todo o cole poida gozar da nosa creatividade!.
Aquí vos deixamos a mostra.




mércores, 30 de outubro de 2013

Un día na aula a mestra estaba explicando, cando veu como un grupo de nenos se dedicaba a outras tarefas e polo tanto estaban despistados, polo que a mestra decidiu dar un toque de atención a nivel xeral e ocorreu o seguinte:
Mestra: Escoitade nenos, quero que saibades que a mestra o ve todo, todo e todo!
Alumna: Incluso a Dios?

O samaín

E por fin chegou o samaín! Tiñamos xa ganas de convertirnos en bruxas, vampiros, zombis.... Ademáis de traer as nosas cabazas decoradas e poder ver aos dos compañeiros do cole. Pero tamén traballamos! Aquí vos deixamos unha mostra do noso samaín.

Trouxemos as cabazas con moita ilusión, aquí podedes ver algunha mostra.


 




Visitamos a exposición do cole coas cabazas de todos os compañeiros do cole.

 



 Fixemos uns fantasmas ben molóns coa teacher!!!!

 E tamén unhas arañas ben deliciosas na clase de plástica.



Os restaurantes

Onte fixemos unha actividade que nos encantou! Cada grupo éramos un restaurante, tiñamos que elaborar un menú saudable e calcular o prezo do menú segundo os alimentos que elixéramos. Traballamos moitas cousas: lingua (regras ortográficas, caligrafía...), matemáticas (calcular o prezo total do menú, ou o prezo segundo a solicitude do cliente...), coñecemento do medio (alimentación saudable, grupos de alimentos, pirámide alimenticia, ...) e por suposto a traballar en grupo! Foi unha tarefa longa, na que tivemos que poñernos dacordo en moitas cousas e chegar a solucións por nós mesmos, pero ao final conseguímolo e cremos que nos quedaron uns menús ben saudables. Aquí vos deixamos unha mostra do que foi todo o proceso de elaboración da tarefa e os nosos resultados!

Primeiro de todo tivemos que botar un ollo á "cesta da compra" para saber con qué produtos contábamos para poder elaborar o menú.






O que ibamos elexindo o apuntábamos nun folio, que nos serviría de guía para logo facer o noso menú.

 


  


Unha vez que xa tiñamos claro todo o noso menú, era o momento de poñelo na nosa carta.
 






E estes foron os nosos resultados. Facíasenos a boca auga!!

Restaurante Pichóns


 Restaurante Estrella del terror


 Restaurante Madrid



 Restaurante Rosa


Restaurante Voz alegre


Restaurante Las donas A meca