domingo, 18 de maio de 2014

Novidades

Non vos perdades todas as novidades que colgamos no blog!: O proceso de crecemento dos vermes de seda, tarefas novas de aula, recursos para repasar e continuar aprendendo...
Lembrade que podedes ir á pestana de recursos para poder acceder a aquel que prefirades de xeito máis cómodo, e para o demais é mergullarse no blog. 
Non perdades a entrada dos vermes de seda, pois hai novas fotos e vídeos ben interesantes!

Aprendemos coas Letras Galegas

Como sabedes, cada ano o 17 de maio é o día das Letras Galegas. Este ano homenaxeouse a Xosé María Díaz Castro. Para saber máis en profundidade e para pasar un bo rato aprendendo, aquí deixamos uns enlaces.


Os seguintes enlaces son xogos, quizais un chisco complexos, pero que coa axuda da nosa familia ou amigos poderemos superar e aprender cousas novas. Apetécevos?


Día das Letras Galegas

Este ano o 17 de maio (Día das Letras Galegas) é un sábado, pero nós no cole celebramos este día grande o venres, pois non queríamos deixar de celebrar este gran acontecemento.
Ao longo da semana fixemos actividades relacionadas co homenaxeado deste ano: Xosé María Díaz Castro.

A ANPA do cole ofreceunos unha obra de teatro, e logo no recreo puidemos gozar da nosa tradición cun grupo de gaiteiros.

Foi un día xenial!

A obra de teatro da ANPA no ximnasio do cole




 Todo o cole reunido para escoitar e bailar co grupo de gaiteiros.







E aquí uns pequeniños vídeos do bo ambiente vivido e do ben que o pasamos!!





Chegou a Primavera!

Coa chegada da Primavera decidimos decorar o cole acorde coa estación, e agora que está a chegar o Verán, aquí vos deixamos o bonito que nos quedaron as nosas actividades de plástica (o mural xigante e a decoración da nosa porta de aula).
Dende logo.... somos uns artistas!!!

Aquí estamos a comezar co mural xigante, onde logo poñeremos as árbores coas flores que fixemos con distintas técnicas (boliñas de papel, estampado, pintura con témperas... sobre moldes de magdalenas) e o fondo decidimos probar a pintar con esponxa, foi todo un éxito!!!


 Isto vai collendo forma...
 Agora, o seguinte paso...
 ... a colocar as nosas árbores coas súas bonitas flores!
 E así de PRECIOSO que nos quedou! Vos que opinades?


Pero tamén fixemos decoración para a nosa porta de aula...


 Unhas preciosas flores, moi ben decoradas coa nosa marca persoal!

 E aquí tendes o noso bonito xardín das flores de 2ºB!!!

Enviamos postais!

Nas materias das Linguas estivemos vendo diferentes tipos de textos e en Coñecemento do Medio os distintos medios de comunicación, así que coa axuda da mestra pensamos que sería unha idea xenial facer as nosas propias postais e enviarllas ás nosas familias como sorpresa!
Puxémonos mans á obra, decoramos as nosas postais como máis nos gustou, escribimos unhas verbas e o enderezo. Tamén lles puxemos un selo, e por último fumos todos xuntos ata o buzón que está preto do cole para envialas!
Aquí vos deixamos a nosa pequena aventura.





 























O ciclo da auga

Este ano estivemos traballando co ciclo da auga, ao igual que o ano pasado (pero máis en profundidade), e para iso decidimos facer unha maqueta que representase isto. O ano pasado fixemos un mural, pero este decidimos dar un paso máis, e agora queremos que todo o cole poida disfrutar do noso traballo, por iso exponemos o mural do ano pasado e a nosa maqueta. Os que queiran aprender o ciclo da auga, só teñen que achegarse a observar e ler a información, que está ben clariña!. Ahhhh! Fixémolo nós soiños!
Aquí vos deixamos o resultado!


Inicio á división

Como sabedes, estamos a comezar coa división. E para repasar, podemos facelo con estes xogos.


A división: un novo reto!

Estes días comezamos cunha nova aventura... a división!!! Dividir é repartir, polo que nos puxemos a repartir garavanzos! Todos tiñamos un número distinto de garavanzos e tiñamos que elexir en cantos "pratos" os queríamos dividir (do 1 ao 9). Foi divertido, pero tamén nos atopamos con problemas, que entre todos soubemos solucionar.
Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo de inicio á división!

Como podedes comprobar estabamos ben concentrados, pois non era unha tarefa fácil!







Logo saímos un por un a representar o noso reparto e escribímola en forma de división! Se había algún problema, tentábamos buscar unha solución entre todos.