mércores, 30 de outubro de 2013

Un día na aula a mestra estaba explicando, cando veu como un grupo de nenos se dedicaba a outras tarefas e polo tanto estaban despistados, polo que a mestra decidiu dar un toque de atención a nivel xeral e ocorreu o seguinte:
Mestra: Escoitade nenos, quero que saibades que a mestra o ve todo, todo e todo!
Alumna: Incluso a Dios?

O samaín

E por fin chegou o samaín! Tiñamos xa ganas de convertirnos en bruxas, vampiros, zombis.... Ademáis de traer as nosas cabazas decoradas e poder ver aos dos compañeiros do cole. Pero tamén traballamos! Aquí vos deixamos unha mostra do noso samaín.

Trouxemos as cabazas con moita ilusión, aquí podedes ver algunha mostra.


 




Visitamos a exposición do cole coas cabazas de todos os compañeiros do cole.

 



 Fixemos uns fantasmas ben molóns coa teacher!!!!

 E tamén unhas arañas ben deliciosas na clase de plástica.



Os restaurantes

Onte fixemos unha actividade que nos encantou! Cada grupo éramos un restaurante, tiñamos que elaborar un menú saudable e calcular o prezo do menú segundo os alimentos que elixéramos. Traballamos moitas cousas: lingua (regras ortográficas, caligrafía...), matemáticas (calcular o prezo total do menú, ou o prezo segundo a solicitude do cliente...), coñecemento do medio (alimentación saudable, grupos de alimentos, pirámide alimenticia, ...) e por suposto a traballar en grupo! Foi unha tarefa longa, na que tivemos que poñernos dacordo en moitas cousas e chegar a solucións por nós mesmos, pero ao final conseguímolo e cremos que nos quedaron uns menús ben saudables. Aquí vos deixamos unha mostra do que foi todo o proceso de elaboración da tarefa e os nosos resultados!

Primeiro de todo tivemos que botar un ollo á "cesta da compra" para saber con qué produtos contábamos para poder elaborar o menú.






O que ibamos elexindo o apuntábamos nun folio, que nos serviría de guía para logo facer o noso menú.

 


  


Unha vez que xa tiñamos claro todo o noso menú, era o momento de poñelo na nosa carta.
 






E estes foron os nosos resultados. Facíasenos a boca auga!!

Restaurante Pichóns


 Restaurante Estrella del terror


 Restaurante Madrid



 Restaurante Rosa


Restaurante Voz alegre


Restaurante Las donas A meca



domingo, 27 de outubro de 2013

A formiguiña

Como en coñecemento estamos coas partes do corpo e ademáis nas linguas aprendemos as palabras que riman, decidimos compoñer uns versos para a canción da formiguiña e fixémola propia. A verdade e que somos uns magníficos cantantes, vos que opinades?

Xogo ósos e músculos

A mestra déixanos un enlace sobre un xogo para repasar os ósos e os músculos dun xeito divertido.

Recursos

Aquí iremos deixando enlaces de recursos sobre materiais que nos permiten reforzar ou ampliar as aprendizaxes.

O corpo humano

En coñecemento do medio estamos aprendendo cousas novas sobre o corpo humano (os ósos e os músculos) e para relacionar os contidos que traballamos vimos uns vídeos que nos encantaron! Algúns xa os coñecíamos, outros non... pero puidemos saber cómo funciona o noso corpo dun xeito máis lúdico.
Aquí deixamos os vídeos, por se nalgún momento nos apetece repasar ou por se a alguén lles interesan.

Os ósos e o esqueleto.

Os músculos.

As nosas pegadas

En coñecemento do medio aprendemos moitas cousas, entre elas que as nosas pegadas son únicas, por iso quixemos deixar constancia delas e así telas sempre de recordo.

 Empregamos tinta para poder "manchar" as nosas pegadas.
 

A continuación marcamos nun papel co noso nome a nosa pegada.



 E así de ben quedaron!










Benvido outono!

Cando entrou o outono quixemos decorar a clase para darlle a benvida! e tamén fixemos un marcapáxinas que nos serve para as nosas lecturas.



Fixemos unhas árbores de outono coa técnica do puntillismo (que nos namorou o ano pasado), pero este ano fixémolo empregando bastonciños de algodón. Quedáronnos preciosos, non si?

E aquí están os marcapáxinas. A mestra pediuno que levásemos follas secas variadas, así o fixemos. Con moito coidado e agarimos decoramos os nosos marcapáxinas, logo plastificámolos e quedaron así de ben!

A nosa aula

Querémosvos amosar pequenos anaquiños da nosa aula, aos que nós damos moita importancia.

 Éste é o noso lema dende o inicio de ciclo.



Para poder traballar ben temos un contrato de normas entre todos e coa mestra. Ás veces cóstanos un pouco seguilas, pero o importante é que o intentamos!

Temos o cartel dos puntos que nos axuda a acadar premios ao final da semana!!! Pero para iso temos que portarnos, moi moi ben!!, seguindo as normas do contrato. Por agora imos por bo camiño.

 

 Para non amontonarnos no baño temos unha sinal que nos indica se está libre ou non.
Tamén temos o semáforo do ruído, pois ás veces falamos un pouquiño de máis, e axúdanos a controlarnos. Segundo nos portemos vai cambiando de cor e así nós sabemos cómo debemos portarnos.

 Na aula todos e cada un de nós somos importantes, por iso todos e todas temos todos os días a nosa responsabilidade, e para saber cal é a nosa temos o cartel dos encargados. 
Este ano cada mesa é un barco, e cada barco ten 4 encargados (Capitán do silencio: deben controlar que no seu barco non se fale alto, e estar en silencio cando a tarefa o precisa. Pirata do tempo: deben controlar que cada neno ou nena do seu barco traballe e remate as tarefas, axudando a que non se despisten. Mariñeiro: É o encargado de repartir o material para o seu barco e controlar que na mesa só estean os materiais necesarios para realizar a tarefa. Patrón: É o encargado de notificar as incidencias que ocorren no barco).


Un dos espazos aos que lle temos máis cariño é ao dos recunchos. Aquí podemos ir cando rematamos as tarefas a tempo e nos queda un pouco de tempo para gozar daquilo que nos gusta, quen remata primeiro... antes escolle!


Nos recunchos temos variedade de xogos: quebracabezas, plastilina, pinchos, xogos numéricos, bingo, parchís, xogo da oca, construcións, deseña modas, xogos de palabras, dominós, xogos de parellas, barallas numéricas....
 

Ésta é a nosa biblioteca de aula. Temos variedade de libros e podemos levalos para a casa, pois a mestra ten un rexistro das nosas lecturas. As familias podedes animarnos a coller libros para ler!

Tamén temos un cartel que nos lembra cando estamos de aniversario.