Onte fixemos unha actividade que nos encantou! Cada grupo éramos un restaurante, tiñamos que elaborar un menú saudable e calcular o prezo do menú segundo os alimentos que elixéramos. Traballamos moitas cousas: lingua (regras ortográficas, caligrafía...), matemáticas (calcular o prezo total do menú, ou o prezo segundo a solicitude do cliente...), coñecemento do medio (alimentación saudable, grupos de alimentos, pirámide alimenticia, ...) e por suposto a traballar en grupo! Foi unha tarefa longa, na que tivemos que poñernos dacordo en moitas cousas e chegar a solucións por nós mesmos, pero ao final conseguímolo e cremos que nos quedaron uns menús ben saudables. Aquí vos deixamos unha mostra do que foi todo o proceso de elaboración da tarefa e os nosos resultados!
Primeiro de todo tivemos que botar un ollo á "cesta da compra" para saber con qué produtos contábamos para poder elaborar o menú.
O que ibamos elexindo o apuntábamos nun folio, que nos serviría de guía para logo facer o noso menú.
Unha vez que xa tiñamos claro todo o noso menú, era o momento de poñelo na nosa carta.
E estes foron os nosos resultados. Facíasenos a boca auga!!
Restaurante Pichóns
Restaurante Estrella del terror
Restaurante Madrid
Restaurante Rosa
Restaurante Voz alegre
Restaurante Las donas A meca



























Ningún comentario:
Publicar un comentario