xoves, 3 de abril de 2014

Vermes de seda

No cole, coma o ano pasado temos os vermes de seda! Este ano temos moitos e tamén levamos algúns para a casiña.
Tamén temos uns caracois, e que nos encantan todos estes bichiños!
Presentámosvos os nosos queridos vermes, pero xa iredes sabendo máis deles.


Os caracois


Os nosos vermes!!! Cando chegaron eran ben pequeniños e parecía que eran poucos, pero comen moito moitísimo e non vexades como van crecendo! Non nos cansamos de observalos.


Aquí xa pasaron uns días e acabamos de botarlle unhas folliñas para que vaian comendo...

 E pasados uns minutiños de nada... xa comeron todo isto! son dun glotón!!

E como podedes ver... de fame non están... crecen moitísimo, temos apostas de a ver cando farán a metamorfose...




E aquí deixamos un pequeno vídeo onde se pode comprobar o ben que se alimentan! Están enormes... non si? Temos moitísimas ganas de que comecen coa seda.


E... sorpresa!!! recollendo a aula atopamos un verme que se escapou para comezar o proceso da metamorfose.

 E os demais que están na caixa (que tivemos que cambialos para unha máis alta, senón xa non tiñan espazo) pois tamén están comezando.





E agora deixámosvos uns vídeos para que vos tamén poidades observar como van facendo o proceso. É realmente curioso e entretido, nós estamos todo o día pendentes deles!

 













E agora unhas fotos do seu avance e uns vídeos ben interesantes!

Así de chea estaba a nosa caixiña, xa ían quedando menos por comezar coa seda.
 Logo decidimos cambialos para unha caixa máis limpa e na que puidesen saír do capullo tranquilamente.
 Temos capullos de seda e tamén pupos. E se vos fixades, tamén algunha bolboreta!
 Aquí un pupo, que fai a metamorfose fóra da seda.

Agora uns vídeos, non os perdades! Como poderedes comprobar andamos revolucionados e emocionados cos novos acontecementos!



Agora podedes ver un vídeo único, pois tivemos a sorte de que a mestra estaba no momento no que un pupo decidiu nacer! É interesantísimo, e no minuto 2:40 aproximadamente ocurre algo xenial! queredes saber o que? Pois entón... non o perdades!

E o último... o proceso previo á posta de ovos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario