luns, 14 de abril de 2014

Coelliño de Pascoa

As vacacións de Semana Santa estaban a piques de chegar, e nós quixemos ir preparando uns pitiños (e algún que outro coello) por se ao coelliño de Pascoa se lle daba por pasar pola nosa aula.
Aquí tendes o proceso!

Cuns vasos pintámolos para convertilos nos nosos pitiños, e bueno algún que outro coello/coella. A verdade é que estamos moi concentrados para que nos saise ben!





 E o venres pola maña... vaia sorpresa!!! ahí estaban os oviños!! O coelliño tamén se lembrou de nós!



E agora só faltaba poñer cada ovo dentro do seu pitiño! Estamos felices!








Ningún comentario:

Publicar un comentario