xoves, 3 de abril de 2014

Alimentación saudable

No cole estivemos aprendendo todo o que está relacionado coa alimentación saudable (os alimentos máis beneficiosos, os hábitos que debemos ter, etc) e decidimos facer unha roda de alimentos xigante coa que poidamos xogar e aprender as caracteríticas dos alimentos dun xeito lúdico. Foi un traballo laborioso do que todos participamos, e cremos que nos quedou unha cousa ben xeitosa!
Aquí vos deixamos o proceso en imaxes.

Primeiro tivemos que dividir o espazo da roda, e entre todos axudamos a que saise o mellor posible, puxemos moita atención e coidado en que así fose.




Logo tocaba buscar a información que ía ter a roda, é dicir, os alimentos saudables. Polo que nos fomos de "compras", collemos os folletos dos super que trouxemos e puxémonos a buscar os necesarios.




Tamén tivemos que colorear a roda. Foi unha parte ben divertida (colorear ata o infinito!) Cansaba, pero estaban quedando moi ben!


Agora era o momento de poñer os alimentos no seu lugar, para o que tiñamos que pensar moi ben a que grupo pertencían e por qué.



Faltaba unha parte importante, tiñamos que facer a parte de diante para poder "ocultar" os alimentos e facer o xogo.


E velaquí está a roda! Sufriu un pequeno desperfecto co que nos levamos un disgusto pero segue "viva", decidimos poñela fóra da aula para que todo o cole poida xogar tamén.



Ningún comentario:

Publicar un comentario