domingo, 2 de marzo de 2014

Cine con valores

A fundación Luimére e o Concello de Vilagarcía convidáronnos a ver unha película o martes 25 de febreiro, o motivo eran as xornadas de cine e educación en valores que están levando a cabo. 
Alá fumos todos xuntos ao Auditorio de Vilagarcía. A película foi "Vecinos Invasores" que é moi divertida e tamén non ensinou moitos valores que debemos desenvolver e non esquecelos, pois así seremos mellores compañeiros. Se tendes ocasión de vela, non a perdades! Calquera se pode identificar coas personaxes.
Foi unha xornada diferente e ben divertida! Pero sobre todo educativa!




Ningún comentario:

Publicar un comentario