luns, 3 de febreiro de 2014

Día da Paz

Esta semana celebramos o día da Paz. Aínda que di a mestra que a Paz ten que ser todos os días sendo bos compañeiros. A mestra contounos o conto do homiño de papel e participamos na actividade da biblio do cole facendo os nosos homiños e escribindo mensaxes positivas. Tamén aprendemos cousas sobre Nelson Mandela, que nos encantou!. E logo algunhas compañeiras quixeron aportar as súas mensaxes para este día. Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Nós desexamos a PAZ SEMPRE!!!
                                           
        Laura e Rita deixaron estas mensaxes



 

Aquí están os nosos homiños de papel, pero os nosos teñen moitas palabras e mensaxes bonitos!

Tamén quixemos deixar mensaxes de Paz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario