domingo, 2 de marzo de 2014

Entroido!!!!

E por fin chegou o Entroido!!! xa nos tardaba!! Comezamos a semana vestindo ao Meco, polo que cada día traíamos algo diferente (que se un bigotiño por aquí, que se un sombreiriño por alá, que se unha garavata por acolá....), pero o gran día foi o venres!!! Todos viñemos disfrazados, ata a mestra!
Primeiro rematamos as nosas caretas e antifaces, logo merendamos e máis tarde baixamos a desfilar.
Que gran día de entroido!
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!

 Aquí estamos en plena preparación da plástica de entroido.
  


 
 
 

 


Agora toca merendar!! A mestra tróuxonos filloas con doce (vainilla, chocolate, azucre, marmelada de amorodo) Ao gusto de cada un!.... Mmmm!

Aquí vai unha! Que pintaza!
 Mmmmm!!! Estaban boísimas!
 A nosa Brancaneves Andrea tróuxonos unhas orellas! Estaban para chupar os dedos!
 

 Aquí estamos todos cos nosos disfraces!


 

 Saimos ao patio a facer o desfile.

 

 Gabriela e a mestra coincidiron no disfraz! Vaia par de Pipis!

 Todo o cole disfrazado e vendo o desfile.
 

 Isto xa se acaba, pero... pasámolo xenial!

 











1 comentario: